A colaboración entre sector público e privado no sistema de seguridade cibernética: reflexións a partir da estratexia europea e italiana

Luigi Previti
Resumo

Este estudo aspira a analizar o papel que representa a colaboración entre sector público e privado para alcanzar os obxectivos, nacionais e supranacionais, de tutela da seguridade cibernética, co fin de demostrar como o mellor seguro posible contra os perigos do ciberespazo está representado pola valorización da contribución cognoscitiva e experiencial dos operadores económicos do sector, por un lado, e da contribución dos usuarios da rede, por outro. Mencionadas as recomendacións normativas formuladas ao respecto a nivel europeo, a investigación céntrase na recente estratexia italiana, que parece atribuír, en adhesión ao novo achegamento “whole of society”, un papel aínda máis activo aos diferentes compoñentes do tecido económico e social do país.

Detalles do artigo

Palabras chave:
seguridade cibernética, risco cibernético, xestión compartida, colaboración público e privada