Limitacións e indemnizabilidade nas zonas de protección segundo a normativa estatal e autonómica de estradas

Víctor Rodríguez Albán

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2020
Resumo

A recente aprobación das normas estatal e autonómica de estradas, tras máis de dúas décadas sen alteracións relevantes, configura un réxime regulatorio diverxente que require dun estudo comparado co obxecto de redefinir a figura das limitacións sobre o dereito de propiedade que os titulares lindeiros deben soportar pola súa especial situación respecto do dominio público. Son restricións sen dereito a compensación ningunha e cuxos confíns co concepto expropiatorio, debilmente argumentados, parecen diluírse coas novas regulacións, albergando así novas posibilidades indemnizatorias.

Detalles do artigo

Palabras chave:
estradas, titularidade, dominio público viario, adxacencia, limitacións á propiedade, función social, indemnización.