Tendencias recentes en materia de conciliación da vida laboral, familiar e persoal na Administración pública en España e en Galicia

Rosa Mª Rodríguez Marín-Retortillo

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2017
Resumo

Unha das materias que se formulan máis frecuentemente no tráfico xurídico do noso país é a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. As normas que se aprobaron nos últimos anos sobre a cuestión contribuíron a achandar o terreo no relativo á igualdade e á corresponsabilidade dos traballadores, tratando de que eses obxectivos transcendesen o meramente programático e se plasmasen en auténticos dereitos cuxo exercicio se puidese reivindicar. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
permiso, excedencia, igualdade, corresponsabilidade, flexibilidade.