Aviso de dereitos de autor/a

Unha vez que o consello editorial acepte publicar calquera material (artigo ou recensión) recibido, os autores e autoras dos artigos que se publican na Revista Galega de Administración Pública (REGAP) manteñen os dereitos de autor sobre os seus traballos e ceden á Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a título gratuíto, de modo non exclusivo e sen límite temporal, os dereitos para difundilos, reproducilos, comunicalos e distribuílos en calquera formato (papel o electrónico), a fin de que sexa publicado na dita revista. Todo elo de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Co obxectivo de favorecer a difusión do coñecemento, a REGAP adhírese ao movemento de revistas de Open Access (OA) e entrega a totalidade dos seus contidos a diversos índices, repositorios e bases de datos nacionais e internacionais baixo este protocolo. En concreto, a REGAP publicase baixo o sistema de licencias Creative Commons segundo a modalidade «Recoñecemento – NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais».

Política de acceso aberto

Un dos fins da EGAP , previstos na súa lei de creación, é promover a máxima difusión dos traballos de divulgación no campo da Administración Pública. Inspirada por este fin, a REGAP prové acceso aberto e gratuíto inmediato ao seu contido para acadar un dos seus obxectivos: difundir o coñecemento na área das Ciencias Xurídicas, particularmente do Dereito Público, especialmente galego, nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Financeiro, mediante a publicación de traballos de investigación e de estudos relacionados co ordenamento xurídico e coa actividade das entidades que integran o sector público, caracterizados pola súa orixinalidade e calidade.

En virtude desta política, as persoas usuarias da revista poderán distribuír, copiar e exhibir os seus artigos sempre que o fagan con fins non comerciais e mostren á persoa autora nos créditos. Así mesmo, permite a produción de obras derivadas das que non se poderá obter beneficio comercial ningún.

A EGAP non cobra ás persoas que colaboran cos seus artigos cargo ningún por publicación nin por ningún outro concepto.

Declaración de privacidade.

Os nomes e direccións de correo-e introducidos neste xornal usaranse exclusivamente para os fins declarados por este xornal e non estarán dispoñibles para ningún outro propósito ou outra persoa.