Estratexias de loita contra a corrupción: a experiencia da Oficina antifraude de Cataluña

Miguel Ángel Gimeno Jubero
Resumo

Neste artigo atopará o percorrido, ao longo dos seus primeiros dez anos, da Oficina antifraude de Cataluña. A súa constitución, funcións,  estratexias, propostas, os seus principais proxectos e futuros retos. Actúa desde a súa dobre vertente de loita contra a corrupción: a prevención e a investigación de casos que danan a integridade das institucións públicas e, entre outras consecuencias, minguan a confianza dos cidadáns nelas. Cunha clara vocación de impacto cara á sociedade, a Oficina Antifraude de Cataluña facilítalles ferramentas ás institucións e aos seus servidores públicos para fortalecer os seus sistemas de integridade e contribúe á concienciación da cidadanía. A través da metodoloxía de análise de riscos, abórdanse ámbitos onde os riscos de corrupción teñen máis incidencia. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Anticorruption, Antifraude, Integridade, Prevención, Xestión de riscos, Conflitos de interese, Protección de alertadores, Estratexia, Cultura ética, Transparencia