Galicia: O seu territorio e a súa organización económica. Unha análise dos contrastes e da competitividade

Fernando González Laxe
https://orcid.org/0000-0001-5399-3446
Asunción López Arranz
https://orcid.org/0000-0002-5761-771X
Resumo

Os territorios ou rexións, como conxunto coherente de lugares, poñen de manifesto o feito de que un espazo xeográfico distínguese dos seus veciños por medio dunha serie de características diferenciais. Por iso, podemos diferenciar dentro dunha mesma rexión determinadas áreas naturais, áreas homoxéneas ou áreas polarizadas que delimitan as notas singulares e as propias ambigüidades internas de cada rexión. Neste traballo inténtanse reflectir os contrastes dentro do marco natural de Galicia arredor da súa organización económica. Chégase nel a conclusións como o predominio das aglomeracións de microempresas e supervivencia.


 

Detalles do artigo

Palabras chave:
territorios, espazos xeográficos, rexións, economía, organización, supervivencia, microempresa