Da «performance económica» á avaliación das políticas públicas: notas reflexivas
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2008
Número: Vol. 3 Núm. 1 (2008)
Resumo
A nosa achega trata, en primeiro lugar, de reagrupar ideas e reflexións sobre os determinantes das performances económicas e os resultados políticos que buscan e perseguen as autoridades e institucións xunto aos criterios de avaliación seguidos para o exame das devanditas políticas públicas á luz dos recentes acontecementos e prácticas postas en funcionamento. En segundo lugar, pretende subliñar a coherencia entre os distintos ámbitos e planos no que se refire aos criterios de implantación das mencionadas políticas. E en terceiro lugar, situar de novo os distintos campos de actuación no que concirne aos conceptos de auditoría, balance, control, seguimento e avaliación.
Detalles do artigo
Palabras chave:
políticas públicas, avaliación, gobernanza
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
- Fernando González Laxe, Asunción López Arranz, Galicia: O seu territorio e a súa organización económica. , Revista A&C: Vol. 16 Núm. 1 (2021)