Da «performance económica» á avaliación das políticas públicas: notas reflexivas

Fernando González Laxe

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2008
Resumo

A nosa achega trata, en primeiro lugar, de reagrupar ideas e reflexións sobre os determinantes das performances económicas e os resultados políticos que buscan e perseguen as autoridades e institucións xunto aos criterios de avaliación seguidos para o exame das devanditas políticas públicas á luz dos recentes acontecementos e prácticas postas en funcionamento. En segundo lugar, pretende subliñar a coherencia entre os distintos ámbitos e planos no que se refire aos criterios de implantación das mencionadas políticas. E en terceiro lugar, situar de novo os distintos campos de actuación no que concirne aos conceptos de auditoría, balance, control, seguimento e avaliación.

Detalles do artigo

Palabras chave:
políticas públicas, avaliación, gobernanza