Proposta de criterios de actualización profesional do traballador público: claves do traballador VUCA na Administración pública
Contido principal do artigo
Publicada: Feb 28, 2022
Páxinas: 383-390
Número: Vol. 16 Núm. 2 (2021)
Resumo
Este artigo realiza unha análise do desempeño laboral dos traballadores públicos, diferenciándose da prestación no eido privado. Habitualmente valórase o desempeño dos traballadores segundo unha serie de criterios subxectivos e de distinta interpretación (compromiso coa empresa, traballo en equipo, actualización do traballador...), pero isto non nos permite unha cuantificación clara pola súa propia natureza subxectiva. Neste documento proponse realizar a dita valoración segundo un total de sete criterios obxectivos cuantificables, claros e medibles, considerando que o traballador actualizado (traballador V.U.C.A.) é aquel que os cumpre.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Funcionario público, traballador, desempeño laboral, VUCA
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
- Fernando Blanco Silva, Diego Sande-Veiga, Oportunidades da economía galega post COVID-19: A recuperación no ámbito industrial, enerxético e ambiental , Revista A&C: Vol. 17 Núm. 2 (2022): .