PROCESO DE SELECCIÓN E AVALIACIÓN DOS ORIXINAIS
A selección dos textos responderá a criterios de orixinalidade, novidade, relevancia e rigor. Os orixinais que non se ateñan estritamente ás normas editoriais que se indican a continuación, serán devoltos aos autores para a súa corrección antes do seu envío aos avaliadores. Unha vez que a secretaría comprobe o cumprimento das normas editoriais, os autores recibirán aviso do recibo dos orixinais remitidos coa indicación da duración aproximada do proceso de avaliación. Os textos serán sometidos á revisión de dous expertos alleos ao equipo editorial (doutores ou outras persoas de recoñecido prestixio) seguindo o sistema para o anonimato de dobre cego. O resultado da avaliación poderá ser positiva, positiva con modificacións ou negativa. No caso de que os avaliadores propoñan modificacións de forma motivada na redacción do orixinal será responsabilidade do equipo editorial -unha vez informado o autor- o seguimento do proceso de reelaboración do traballo. No suposto de non ser aceptado para a súa edición, o orixinal será devolto ao seu autor xunto cos ditames emitidos polos avaliadores. Antes da súa publicación, os autores recibirán por correo electrónico a versión definitiva do artigo para facer as correccións oportunas das probas de imprenta no prazo de quince días.
NORMAS EDITORIAIS
1. As propostas de colaboración coa Revista Adminitración e Cidadanía remitiranse a través da plataforma electrónica dispoñible na seguinte ligazón: https://egap.xunta.gal/revistas/AC
2. Os traballos deberán ser remitidos antes do 15 de maio e do 15 de novembro, para os dous números ordinarios. As datas de remisión e aceptación figurarán nun lugar visible da revista. Excepcionalmente, poderá ser admitido un traballo recibido fora desas datas máximas se o xustifica o interese científico do mesmo.
3. Os traballos enviados deberán cumprir as seguintes condicións:
4. Os traballos que se propoñen para a súa publicación como artigos deberán incluír, por esta orde:
5. Os traballos deberán ser coidadosamente revisados pola(s) persoa(s) responsable(s) da súa autoría no tocante ao estilo, e respectarán ademais os seguintes requisitos: