O impacto da concentración de estranxeiros sobre as capacidades cognitivas nos colexios españois
Main Article Content
Published: Mar 25, 2007
Issue: Vol. 2 No. 2 (2007)
Abstract
Este traballo explora o impacto que a concentración de estudantes inmigrantes —e de orixe inmigrante— ten sobre o rendemento dos estudantes en España. O traballo utiliza a base de datos PISA na súa edición do 2003, que permite descontar do impacto bruto da concentración a influencia de varios factores relacionados coas características das escolas españolas, tales como a escaseza de recursos humanos e materiais destinados á docencia. O traballo demostra que o impacto da concentración difire notablemente en función da inclusión dos estudantes de orixe inmigrante nacidos en España ou non.
Article Details
Keywords:
estudantes, inmigrantes, PISA