O uso da metodoloxía cualitativa como técnica de investigación social e como ferramenta de avaliación da acción dos gobernantes e a satisfacción dos cidadáns
Main Article Content
Published: Mar 25, 2009
Issue: Vol. 4 No. 1 (2009)
Abstract
O presente artigo analiza e defende a utilidade da metodoloxía cualitativa na investigación social como vía para avaliar os resultados das accións de goberno e a maneira en que estas son percibidas polos cidadáns. Trátase de demostrar que os enfoques cuantitativos tradicionais e maioritarios mostran importantes carencias que cómpre corrixir se queremos obter un coñecemento do obxecto de estudo máis completo e diverso que nos permita xerar coñecemento para a acción.
Article Details
Keywords:
metodoloxía, metodoloxía cualitativa, técnicas cualitativas, políticas públicas, avaliación