Unha proposta para a detección de necesidades formativas na era da globalización: solucións locais a problemas globais

Celestino García Arias

Main Article Content

Published: Mar 25, 2009
Abstract

Nun contexto fortemente condicionado polo impacto das tecnoloxías da información e da comunicación e polo xurdimento da chamada sociedade do coñecemento, avánzase unha proposta para a detección de necesidades formativas dos empregados públicos, deseñada e posta a proba nunha administración autonómica española. A atención ás competencias dos funcionarios que esixen as principais tendencias mundiais en xestión pública e a universalidade que caracteriza a formulación metodolóxica constitúen os eixes sobre os que se asenta a contribución.

Article Details

Keywords:
xestión pública; función pública; administración autonómica; recursos humanos; formación