O lugar das migracións na pirámide da triste figura
Main Article Content
As emigracións históricas representaron un papel clave na modernización de Galicia. A continuada emigración intrapeninsular e cara a América foi o factor que amorteceu e anticipou a transición demográfica. A persistencia dos fluxos e a súa envergadura produciron unha particular combinación de malthusianismo das ausencias e da pobreza que moderou os comportamentos nupciais e reprodutivos. O impacto emigratorio desequilibrou o mercado matrimonial, aprazou a nupcialidade e empoleirou o celibato, reducindo e atrasando a fecundidade. Por esa vía, a emigración acelerou o envellecemento da estrutura da poboación, desequilibrando a distribución por sexo e xeracións. Os tres trazos que caracterizan a demografía de Galicia (despoboamento, envellecemento e emigración) son comodíns para o futuro.