A devolución de ingresos indebidos no IVRDH, unha batalla pendente

José Miguel Martín Rodríguez

Main Article Content

Published: Mar 26, 2018
Abstract

A incompatibilidade do IVRDH (imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos) co dereito da UE declarada pola Sentenza do TXUE do 27 de febreiro de 2014 no asunto C-82/12 (Transportes Jordi Besora, S.L., contra a Generalitat de Catalunya) impúxolle ao Reino de España a obriga de devolver os ingresos indebidos durante a súa vixencia. Malia as importantes limitacións temporais a esta, un gran número de contribuíntes instou (mesmo antes da sentenza) a dita devolución. Neste traballo imos examinar de forma crítica os argumentos a favor e en contra de que os suxeitos pasivos do tributo, principalmente empresas gasolineiras, poidan obter a dita devolución.

Article Details

Keywords:
Imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos, devolución de ingresos indebidos, enriquecemento inxusto, suxeito pasivo, obriga de repercutir.