O financiamento local e o futuro do imposto sobre plusvalías

María Cadaval Sampedro

Main Article Content

Published: Mar 26, 2018
Abstract

A facenda local foi mudando a súa face á par que o fai a sociedade, nunha procura incesante da eficiencia na prestación dos servizos públicos e os medios axeitados de financiamento que os sosteñan. As tensións institucionais seguen vixentes e os problemas de redimensión institucional son moeda corrente nos debates conceptuais, aínda inconclusos, sobre a mellor forma de adaptar os límites administrativos á realidade local. Pero, sen dúbida, nos últimos tempos o debate sobre o financiamento gañou protagonismo, máis aínda despois de que o Tribunal Constitucional admitise a inconstitucionalidade do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

Article Details

Keywords:
Facenda local, financiamento, imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
Most read articles by the same author(s)