A Economía da Administración Electrónica: apuntamentos xerais e unha aplicación empírica aos concellos galegos

José Caamaño Alegre

Main Article Content

Published: Mar 26, 2018
Abstract

Neste traballo abórdase a Administración electrónica desde a perspectiva da Economía. Comézase con algúns apuntamentos xerais, recollendo especialmente a análise a tres niveis de Bannister (2007) e a achega de Soete e Weehuizen (2004), que contemplan a dita Administración como unha prometedora terceira vía para afrontar os “fallos do Estado”. A seguir, faise referencia ás técnicas dispoñibles para avaliar a eficiencia da e-Administración. Finalmente, realízase unha análise de eficiencia bifásica baseada na técnica DEA, encamiñada a contrastar a influencia da e-Administración na eficiencia dos concellos galegos. Os resultados evidencian as dificultades para captar estatisticamente esa influencia, así como a posible presenza do chamado “paradoxo da produtividade das TI”.

Article Details

Keywords:
Administración electrónica, paradoxo da produtividade das TI, análise envolvente de datos (DEA), análise de eficiencia bifásica, datos de enquisa.
Most read articles by the same author(s)