Análise, diagnose e plan de mellora da unidade de promoción da doazón de sangue. Centro de Transfusión de Galicia

María Carou-López
Cristina Enjamio-Cabado
Ana Mª Gutiérrez-Molina
Manuel López-Luaces
Marco Quintas -Rodríguez
Mª Carmen Val-Sanlés

Main Article Content

Published: Mar 30, 2014
Abstract

O obxectivo do estudo é a elaboración dun diagnóstico estratéxico e o deseño dun plan de mellora da Unidade de Promoción da Doazón de Sangue do Centro de Transfusión de Galicia debido á súa repercusión na saúde da poboación galega. Tras analizar a contorna e a situación actual da unidade, partindo da documentación e información achegada por fontes primarias, elaborouse un diagnóstico estratéxico identificando os puntos débiles e fortes, as ameazas e as oportunidades e, logo de estudar as estratexias máis adecuadas, deseñouse un plan de mellora que pretende cando menos minimizar as dificultades actuais da unidade para acadar un nivel de captación e fidelización de doantes.

Article Details

Keywords:
transfusión, doazón, promoción, diagnóstico estratéxico, plan de mellora.