A participación laboral das mulleres: un reto para o benestar social

Olga Salido Cortés

Main Article Content

Published: Mar 31, 2006
Abstract

A incorporación das mulleres ao emprego constitúe un dos cambios sociais máis relevantes que están afrontando as sociedades industriais avanzadas. Pero a pesar de constituír unha tendencia xeneralizada, as súas características, alcance e consecuencias desde o punto de vista tanto do benestar individual como colectivo son dispares dependendo do marco político-institucional de cada país. Neste artigo revísanse as políticas desenvolvidas en España co fin de favorecer a participación laboral das mulleres, aproximando unha reflexión global sobre o seu alcance e efectividade.

Article Details

Keywords:
participación laboral feminina, igualdade de xénero, políticas a favor das mulleres, avaliación de políticas públicas