Análise do “teito de cristal” na Administración pública española. Unha aproximación desde a dinámica de sistemas
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2010
Número: Vol. 5 Núm. 1 (2010)
Resumo
A análise que presentamos neste traballo sobre a situación da muller directiva na Administración pública española constitúe unha alternativa ao enfoque tradicional, que identifica unicamente factores externos como detonantes do denominado “teito de cristal”1 para as directivas. Considerando que as causas da desigualdade directiva poden ter o seu xerme na propia organización, utilizouse a metodoloxía de simulación dinámica (business dynamics) como ferramenta para deseñar unha serie de diagramas causais que permitan identificar que políticas internas están facilitando ou dificultando o acceso das mulleres ao nivel executivo da Administración.
Detalles do artigo
Palabras chave:
desigualdade directiva, teito de cristal, dinámica de sistemas, simulación.