A reformulación da cuestión provincial en Europa. Estudo dos casos alemán, español, italiano, grego e francés

Luis Miguel García Lozano

Contido principal do artigo

Publicada: Jun 12, 2020
Resumo

As sucesivas crises económicas ao longo da historia recente de Europa e os intentos por racionalizar a Administración fixeron que recorrentemente se intente reformar as administracións públicas buscando eficiencia e aforro. Algunhas das solucións adoptadas, e que se analizan neste estudo, foron a redución e fusión de administracións, ou directa supresión ou a súa transformación noutras similares. Non todas as experiencias para a reforma das provincias se demostraron igual de satisfactorias, pois no caso español foi moi tímida e, no italiano, mesmo un absoluto erro.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Provincia, departamento, elección, Administración, competencias