Aviso de dereitos de autor/a

Unha vez que o consello editorial acepte publicar calquera material (artigo ou recensión) recibido, os dereitos non exclusivos e ilimitados para reproducir e distribuír os traballos en calquera forma de reprodución, idioma e país serán transferidos á Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Sen prexuízo do anterior e conforme ao disposto no Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, os autores e autoras dos artigos que se publican na Revista de Administración e Cidadanía (A&C) ceden á Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a título gratuíto, de modo non exclusivo e sen límite temporal, os dereitos para difundilos, reproducilos, comunicalos e distribuílos en calquera formato (papel o electrónico), a fin de que sexa publicado na dita revista.

Co obxectivo de favorecer a difusión do coñecemento, a A&C adhírese ao movemento de revistas de Open Access (OA) e entrega a totalidade dos seus contidos a diversos índices, repositorios e bases de datos nacionais e internacionais baixo este protocolo. En concreto, a A&C publicase baixo o sistema de licencias Creative Commons segundo a modalidade «Recoñecemento – NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais».

En consecuencia, os traballos que se publican nesta revista contan cunha cesión de dereitos de edición e publicación realizada en tal sentido polo/a seu/súa autor/a con carácter previo a súa publicación, posto que cando o/a autor/a remite un traballo para ser publicado nesta revista asina un documento de cesión de dereitos no que ademais expresa o seu consentimento respecto deste método de distribución.

Política de acceso aberto

A A&C prové acceso aberto e gratuíto inmediato ao seu contido en cumprimento do fin da EGAP de promover a máxima difusión dos traballos de divulgación no campo da Administración Pública previsto na súa lei de creación así como dun dos obxectivos da revista como é o de difusión do coñecemento no ámbito das ciencias sociais e xurídicas, particularmente nas áreas da Ciencia Política e da Administración, a Socioloxía, a Economía e o Dereito, mediante a publicación de traballos de investigación e recensións de libros relacionados coas administracións e as políticas públicas.

En virtude desta política, as persoas usuarias da revista poderán distribuír, copiar e exhibir os seus artigos sempre que o fagan con fins non comerciais e mostren á persoa autora nos créditos. Así mesmo permite a produción de obras derivadas das que non se poderá obter beneficio comercial ningún.

A EGAP non cobra ás persoas que colaboran cos seus artigos cargo ningún por publicación nin por ningún outro concepto.

Declaración de privacidade.

Os nomes e direccións de correo-e introducidos neste xornal usaranse exclusivamente para os fins declarados por este xornal e non estarán dispoñibles para ningún outro propósito ou outra persoa.