A lei para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 23, 2000
Número: Vol. 1 Núm. 25 (2000)
Resumo
A maternidade e a atención á familia constitúen dúas condicionantes dunha importancia sobresaliente no acceso, o mantemento e a promoción no emprego das mulleres. Con respecto á maternidade, a súa dificultade de compatibilizar esta cos ditos obxectivos laborais resulta sorprendente: non só se trata dunha experiencia absolutamente común, senón que ademais desempeña unha función social de capital importancial Sen embargo, un breve repaso ás condicións de traballo nas empresas pon de manifesto o fracaso na tarefa de harmoniza-lo traballo asalariado coas responsabilidades maternais e parentais, harmonización que constitúe unha necesidade primaria para a maior parte das familias.
Detalles do artigo
Palabras chave:
integración da muller, conciliación familiar, xornada laboral, traballo, mulleres con responsabilidades familiares, Directiva 89/391/CEE, Lei 4/1995, Lei 3/1989, Lei 42/1994
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
- Jaime Cabeza Pereiro, Situación actual e perspectivas do sistema de Seguridade Social , Revista Galega de Administración Pública: Vol. 1 Núm. 13 (1996)
- Jaime Cabeza Pereiro, Principais liñas de reforma da protección por desemprego , Revista Galega de Administración Pública: Vol. 1 Núm. 33 (2003)
- Jaime Cabeza Pereiro, Desenvolvemento regulamentario da Lei de prevención de riscos e normativa sectorial. O concreto exemplo da estiba portuaria. , Revista Galega de Administración Pública: Vol. 1 Núm. 18 (1998)
- Jaime Cabeza Pereiro, O pensamento xurídico-social do Padre Sarmiento , Revista Galega de Administración Pública: Vol. 1 Núm. 34 (2003)