Xornadas sobre o silencio administrativo e a notificación dos actos administrativos

Xosé Antón Barreiro Pereira

Contido principal do artigo

Publicada: Mai 1, 2003
Resumo

Para a Administración pública o acto administrativo configúrase como o instrumento mediante o que expresa a súa vontade e lle permite cumpri-las diversas funcións que ten atribuídas. Para o administrado, representa o fundamental vehículo da súa relación coa Administración, a través do cal vai experimentar beneficios ou inconvenientes na súa situación xurídica, no seus dereitos ou intereses.

Detalles do artigo

Palabras chave:
silencio administrativo, administración, notificación, Lei