Os contornos de protección na Lei 5/2016 e no Plan básico autonómico

Víctor José Barbeito Pose
https://orcid.org/0000-0001-7414-2085
Julián Bustelo Abuín
Resumo

Neste traballo analizamos a figura de “contorno” de protección dos bens culturais, e máis concretamente aplicada ao patrimonio arqueolóxico. Facemos un percorrido pola figura de contorno desde o eido internacional, nacional e galego, para logo analizar algunhas cuestións que consideramos contraditorias xurdidas a partir da aprobación do Plan básico autonómico e a configuración de novos contornos de protección que se afastan do establecido na Lei do patrimonio cultural de Galicia, e xeran un quebranto sobre a protección efectiva ao non teren en conta a complexidade dos bens que cómpre protexer e a realidade do patrimonio arqueolóxico galego, recorrendo ao criterio de distancia para fixar o contorno de protección.

Detalles do artigo

Citas

ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del patrimonio histórico, tomo II. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.

ALONSO IBÁÑEZ, M.R., Los espacios culturales en la ordenación urbanística, Marcial Pons, Madrid, 1994.

ALONSO IBÁÑEZ, M.R. (coord.), Los Catálogos Urbanísticos. Aspectos jurídicos, metodológicos y de gestión, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Oviedo, Oviedo, 2004.

AMOEDO SOUTO, C.A., “La Ley 5/2016, de 4 de mayo, del patrimonio cultural de Galicia: una ley de baja calidad para un nuevo ciclo de desarrollismo”, Revista de Patrimonio Cultural y Derecho, n. 21, 2017.

AYÚS Y RUBIO, M., Régimen jurídico de los entornos de protección de los bienes de interés cultural, Universidad de Alicante, Departamento de Estudios Jurídicos del Estado, Alicante, 2012.

QUEROL FERNÁNDEZ, M.A., Manual de gestión del patrimonio cultural, Akal, Madrid, 2010.

Palabras chave:
urbanismo, patrimonio cultural, arqueoloxía, arte rupestre, protección