As deficiencias das ferramentas de xeolocalización dos xacementos arqueolóxicos e as súas consecuencias sobre a protección do patrimonio cultural de Galicia

Víctor José Barbeito Pose
https://orcid.org/0000-0001-7414-2085
Julián Bustelo Abuín
Resumo

Analízanse algunhas problemáticas da xeolocalización de xacementos arqueolóxicos en relación cos aproveitamentos forestais a partir dunha serie de cambios normativos. A posta en marcha dun portal web corporativo destinado á tramitación dos procedementos relativos a aproveitamentos forestais pon en evidencia unha serie de disfuncións na clasificación dos bens, a delimitación de áreas afectadas, a localización dos bens e a calidade do rexistro arqueolóxico.

Detalles do artigo

Palabras chave:
patrimonio arqueolóxico, protección, xeolocalización, información arqueolóxica, fiabilidade