Robots, asistentes virtuais e automatización das administraciónes públicas

Agustí Cerrillo Martínez
https://orcid.org/0000-0002-1577-4194
Resumo

Os robots software son dispositivos utilizados para automatizar tarefas ou para interactuar con dispositivos. Nos últimos tempos, algúns robots software están a utilizar intelixencia artificial para poder desenvolver tarefas complexas ou aprender da experiencia. Todo iso xa está a ter aplicacións nas administracións públicas.


Neste artigo analízase como a automatización das administracións públicas incide nos principios da Administración dixital. Así mesmo, estúdase a regulación da actuación administrativa a través de robots e os límites que impón a normativa de protección de datos. Ademais, exponse o impacto que o uso de robots pode ter no emprego público. Finalmente, identifícanse os procedementos que utilizan as administracións públicas para incorporar robots software.

Detalles do artigo

Palabras chave
Robot software, chatbot, intelixencia artificial, automatización, Administración pública, transparencia