Xornada sobre a responsabilidade patrimonial das administracións públicas

losé Ricardo Pardo Gato

Main Article Content

Published: Mar 22, 1999
Abstract

No marco do Estado social e democrático de dereito en que se desenvolven os países da área occidental, a responsabilidade patrimonial do Estado e, dentro del, de tódalas administracións públicas, é unha institución xurídica incuestionable, que en España recibiu tratamento constitucional a través dos artigos 106.2 1 e 121 da Constitución española de 1978. Concretamente, o seu artigo 149.1.18 atribúelle en exclusiva ó Estado a lexislación relativa á responsabilidade patrimonial de tódalas administracións públicas, e admite non só a existencia do réxime de responsabilidade en sentido estricto, senón tamén partindo da premisa de que existen regulacións diferentes para facerlles fronte a distintas situacións lesivas. 

Article Details

Keywords:
tratamento constitucional, responsabilidade patrimonial, réxime de responsabilidade, competencia xurisdiccional, administracións públicas, sentido estricto