O réxime do solo no núcleo rural

Hipólito Pérez Novo

Main Article Content

Published: Jan 1, 2004
Abstract

A noción de núcleo rural de poboación é unha das características esenciais do modo de distribución e asentamento da poboación galega sobre o territorio e unha das notas definitorias da identidade de Galicia á que alude o art. 1.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Neste sentido, o art. 2.2 do Estatuto establece un mandato dirixido ao lexislador autonómico para que teña en conta a distribución da poboación galega e as súas formas tradicionais de convivencia e asentamento.

Article Details

Keywords:
réxime, solo rural, Lei, clasificación, actuacións