Consideracións sobre a problemática da autonomía financeira das cámaras lexislativas. Referencia específica ó Parlamento de Galicia
Main Article Content
Published: Mar 20, 2020
Issue: Vol. 1 No. 12 (1996)
Abstract
A Constitución española de 1978 deseña un modelo de Estado que cualifica de social e democrático de dereito, que se basea esencialmente nos principios de distribución horizontal e vertical do poder político. A distribución horizontal é a consecuencia de ter asumido os constituíntes, mesmo sen mencionalo expresamente no texto, a máis tradicional concepción da división de poderes, de tal maneira que o lexislativo, o executivo e o xudicial, se ben son independentes entre si, contrólanse respectivamente. A forma política adoptada responde ó esquema do sistema parlamentario racionalizado, no que o Goberno se integra no Parlamento e, pola súa vez, é elixido e depende da confianza das cámaras.
Article Details
Keywords:
problemática, autonomía financeira, cámaras lexislativas, Parlamento de Galicia, Constitución Española 1978, cortes xerais