O temoneiro do centro presidencial en Francia. Un estudo sobre a figura do secretario xeral do Elisio (1958-2023)

Daniel Casal Oubiña
Resumo

Desde que a República se institucionalizou como forma de goberno en Francia, a figura do secretario xeral da Presidencia converteuse nunha peza clave para comprender o papel desempeñado pola xefatura do Estado. Desde 1958, a V República implantou un modelo baseado nun esquema semipresidencialista, onde o presidente ten un papel dual como xefe de Estado e como membro dun poder executivo dual, compartido co primeiro ministro. Nesta configuración político-administrativa, o papel do secretario xeral ampliouse como álter ego da presidencia, sendo responsable do seu centro de goberno e coordinador da actividade gobernamental.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Centro de Goberno, Presidencia, Secretaría Xeral, Centro Presidencial