Os novos medios de intervención na lexislación urbanística galega. Declaración responsable e comunicación previa

Mª Concepción Campos Acuña

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2012
Resumo

Desde a entrada en vigor da Directiva de Servizos e a finalización do prazo concedido para o seu transposición o 28 de decembro de 2009, foron numerosas as modificacións normativas que nos distintos ámbitos territoriais leváronse a cabo para a súa correcta adaptación. No presente artigo, tras un breve repaso das tarefas de transposición, procédese a un estudo sobre a incidencia que na lexislación urbanística galega ha ter a aparición de novos medios de intervención a través do control posterior, analizando as principais novidades normativas xurdidas no ámbito autonómico, así como o desenvolvemento que a mesma ha ter no ámbito local, destacando aquelas experiencias máis avanzadas na implantación do novo sistema.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Directiva Servizos, Urbanismo, Galicia, Declaración responsable, Comunicación previa.