A proba do costume no noso ordenamento xurídico

José María Pena López

Contido principal do artigo

Publicada: Xan 1, 2003
Resumo

O costume, de acordo co brocardo xurídico «da mihi factum dabo tibi ius», ó constituír unha norma xurídica, non tería que ser probada, por quen a alegase, para que puidese ser aplicada polo órgano xurisdiccional correspondente. a segunda concepción, sobre a proba do costume, é a que encontra máis fácil acollida no art. 10 .3 do CC; porque, nesta prescrición, non se esixe nada máis ca un resultado de proba do costume, dado que non se fai ningunha referencia ás persoas que deban orixinar ou provocar este resultado. Omisión tanto máis significativa canto que o lexislador que reformou o título preliminar do CC era coñecedor do debate doutrinal existente ó respecto

Detalles do artigo

Palabras chave:
costume, ordenamento, xurídico, Tribunal, Código Civil