A fiscalización xudicial do outorgamento de indulto (Sentencia do Tribunal Supremo do 11 de decembro de 2002, sala do Contencioso-Administrativo, sección 6ª; relator Excmo. Sr. D. Enrique Lecumberri Martí)

Pablo González Mariñas

Contido principal do artigo

Publicada: Xan 1, 2003
Resumo

Unha das máis típicas prerrogativas rexias é, sen dúbida, o dereito de gracia, recollido na alínea i) do artigo 62 CE e regulado aínda na provecta Lei do 18 de xuño de 1870 ("regras para o exercicio da Gracia de Indulto "), se ben modificada pola Lei 1/1988, do 14 de xaneiro. Este precepto da Constitución non suscitou a penas debate; esta falta de debate non quere dicir que o exercicio da prerrogativa de gracia deixe de presentar actualmente problemas, sobre todo desde a perspectiva do principio de igualdade e desde o punto de vista do control dos actos do Estado, entidades ambas cardinais no espírito e na letra constitucional.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Sentenza, Tribunal, Constitución, fiscalización, administración
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
1 2 3 > >>