Finalización do estado de alarma: a desorganización xurídico-administrativa continúa

Dionisio Fernández de Gatta Sánchez
https://orcid.org/0000-0002-7776-0783
Resumo

A pandemia da COVID-19 provocou en España a declaración de tres estados de alarma, con problemas xurídicos, os cales se agudizaron coa finalización do último, xa que o Goberno da nación se desentendeu da xestión da epidemia, responsabilizando as comunidades e cidades autónomas desta, nun proceso mal chamado de "cogobernanza" que provocou máis problemas aínda. Por outra banda, déronselle ao Tribunal Supremo uns poderes cuasi-normativos e administrativos. Finalmente, o Tribunal Constitucional declarou inconstitucionais o primeiro e o terceiro dos estados de alarma declarados, así como o peche do Congreso dos Deputados. E todo iso sen ter unha lexislación apropiada para loitar contra a COVID-19 en pleno ascenso da sexta onda da epidemia.

Detalles do artigo

Palabras chave:
COVID-19, estado de alarma, problemas xurídico-administrativos, Constitución española, dereito, España