Novas tecnoloxías e parlamentos

Roberto González de Zárate Lorente
Resumo

As TIC supuxeron unha serie de avances que teñen que ser aproveitados polas administracións públicas e, do mesmo modo, polos poderes públicos para o mellor desenvolvemento das súas funcións.


Neste traballo, por razóns expositivas, ímonos centrar na Administración electrónica, o algoritmo e a intelixencia artificial, sen prexuízo de referencias puntais a big data e a blockchain, e abordaremos, en último termo, a posibilidade da súa implantación nos parlamentos. As cámaras parlamentarias deben adaptarse ao desenvolvemento das TIC, se ben, atendendo á súa natureza singular, cómpre precisar unha serie de matizacións e, en particular, no que se refire á aplicabilidade do réxime xurídico da Administración electrónica.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Novas tecnoloxías, Administración electrónica, intelixencia artificial, transparencia e parlamento