A Lei 17/2006, do libro e da lectura de Galicia: balance dunha década

Carlos Alberto Amoedo Souto

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2018
Resumo

Este traballo aborda o significado da Lei 17/2006, do libro e da lectura de Galicia, no marco do dereito autonómico de Galicia. A aplicación da lei durante os últimos dez anos foi parcial, e os seus rendementos víronse dificultados por diversos factores políticos e orzamentarios. En concreto, repásanse tres aspectos xurídicos desde o punto de vista da avaliación normativa: a) un intervencionismo autonómico brando, determinado polo complexo marco regulatorio –estatal e europeo– das industrias culturais; b) a falta dunha política pública sistemática e integral de desenvolvemento da lei; c) a carencia de instrumentos xurídicos de garantía do gasto público cultural.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Dereito cultural de Galicia, sector editorial, fomento da lectura.