As edificacións tradicionais do artigo 40 da Lei do solo de Galicia: concepto, evolución e análise

Francisco Javier Carro Castro
https://orcid.org/0000-0001-6643-0247
Resumo

A regulación das edificacións tradicionais na lexislación urbanística de Galicia é un feito consolidado no tempo, logo da súa contemplación na anterior LOUGA e na actual Lei do solo de Galicia. Así e todo, esta continuidade é máis aparente que real, xa que os cambios introducidos con esta última norma son significativos.


Este traballo constitúe unha análise e unha reflexión sobre os conceptos que integran a norma e os efectos que provocan os cambios introducidos nos últimos anos, que marcan un cambio de tendencia.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Edificacións tradicionais, Lei 19/1975, do 2 de maio, patrimonio, características, recuperación, grao de conservación, rehabilitación, reconstrución, ampliación, modificacións