A protección do patrimonio cultural desde o dereito urbanístico

Julián Alonso García

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2018
Resumo

Este traballo analiza en que medida o dereito urbanístico constitúe un marco xurídico suficiente para dotar os inmobles histórico-artísticos da debida protección, á marxe do réxime específico da lexislación de patrimonio cultural. Neste sentido, a propia lexislación urbanística outórgalles aos concellos substanciais competencias para a defensa dos inmobles con valor cultural situados no termo municipal. A diferenza da normativa de patrimonio, que contempla o seu obxecto de protección polo seu recoñecido valor propio susceptible de ser transmisor de coñecementos da historia da humanidade, a urbanística considérao un elemento máis –xunto co agrario, forestal, natural, etc.– que lle dá coherencia ao medio en que se atopa.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Urbanismo, patrimonio cultural, protección, intervención, planeamento, solo.