B) Estatística. Estudo preliminar

B) ESTATÍSTICA

Estudo preliminar.

Carmen Mª Salgueiro Moreira

O artigo 149.1.31ª CE atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de “Estadística para fines estatales”.

Pola súa banda, conforme o artigo 27.6 EAG a Comunidade Autónoma Galega ostenta competencia en materia de “Estadísticas para los fines de la Comunidad Autónoma gallega”.

Respecto destes títulos competenciais, son escasos os pronunciamentos do Tribunal Constitucional, dos cales cabe traer a colación as seguintes consideracións.

A competencia do Estado citada “le habilita para instrumentar directamente, y no a través de las Comunidades Autónomas, dicha estadística”, polo tanto, sen necesidade de participación autonómica que, no caso de producirse, “habrá de establecerse y regularse por el Estado” (STC 31/2010, do 28 de xuño; STC 211/2012, do 14 de novembro, ou STC 36/2017, do 1 de marzo).

No que atinxe a supostos concretos, o Tribunal Constitucional ten enmarcado na competencia estatística estatal previsións relacionadas con materias sobre as que o Estado ostenta outra competencia substantiva. Así, por exemplo, ten establecido que, en conxunción coa competencia sobre lexislación básica en materia de medio ambiente do artigo 149.1.23ª CE, a competencia exclusiva sobre estatística para fins estatais permite que o lexislador estatal dispoña a incorporación de determinados indicadores ao Plan estatístico nacional ou impoña a obriga de subministración de determinada información en materia de medio ambiente para fins estatísticos (STC 138/2013, do 6 de xuño, e STC 45/2015, do 5 de marzo). Tamén ten enmarcado a obriga de remisión de información sobre empresas que exercen a actividade de produción de enerxía eléctrica na competencia estatal en materia de bases de réxime enerxético pero engadindo que “Además, puede entenderse claramente cubierta también por el art. 149.1.31 CE, que atribuye al Estado la competencia exclusiva sobre “estadística para fines estatales” (STC 36/2017, do 1 de marzo). E, en relación coa información estatística sobre actividades conectadas co turismo, sinalou a STC 214/2016, do 15 de decembro, que:

“(…) por lo que respecta a la alegada vulneración de la competencia autonómica en materia estadística, que se cifra en la utilización de información estadística estatal con respecto a actividades -como la turística- sobre la que la Comunidad Autónoma tiene competencia exclusiva (…), debe señalarse que la competencia autonómica se contrae a la estadística “para sus propios fines y competencias”, mientras que la competencia estadística se atribuye al Estado “para fines estatales” (art. 149.1.31 CE). Al constituir la norma estatal que ordena el subsector de los horarios comerciales ejercicio de una competencia estatal derivada del art. 149.1.13 CE, la utilización por el legislador estatal de información estadística generada en este ámbito por la Administración General del Estado no puede acarrear vulneración alguna de la competencia autonómica en materia de estadística (…)”.

Pola contra, o Tribunal Constitucional ten indicado que dentro da competencia en materia de estatística non se inclúe a confección do censo electoral pois “la función del censo desborda, como es notorio, el sentido de la citada atribución competencial” (STC 154/1998, do 21 de xullo). E tampouco cabe conectar coas competencias estatais ou autonómicas en materia de estatística os supostos nos que a finalidade estatística sexa meramente instrumental, sendo preponderante o cumprimento de fins relacionados con outra competencia substantiva. Así, por exemplo, en materia de información sobre accidentes laborais indicou que: “la competencia en materia de estadística tiene un carácter instrumental y complementario respecto del cumplimiento de las finalidades sustantivas de índole laboral y de Seguridad Social a las que sirve la notificación de los accidentes de trabajo, que son las preponderantes en este caso” (STC 211/2012, do 14 de novembro).

Neste contexto competencial, no eido estatal, é obrigada a cita da Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública. E no eido autonómico o principal texto legal na materia vén constituído pola Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, cuxo texto se recolle a continuación.