Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV16022 - A intervención profesional dos equipos de atención temperá nos trastornos da conduta

Segundo as avaliacións dos profesionais da atención temperá, nos últimos anos estase a producir un aumento na demanda das familias relacionada coas condutas dos menores e os trastornos da conduta.
Algúns destes trastornos poden reducirse a determinados comportamento, directamente relacionados co tipo de crianza ou coas características da interacción entre o neno ou nena e o seu medio e non sempre supoñen un trastorno para o seu desenvolvemento normalizado, aínda así a actuación profesional é de suma importancia, polo risco que pode supoñer para o futuro do/a menor un comportamento disfuncional.
Nos casos nos que se diagnostica un trastorno de conduta, baixo comportamentos de aparencia semellante poden detectarse diferentes problemáticas subxacentes; desde situacións asociadas aos conflitos que acompañan ao desenvolvemento normal, ata diversas patoloxías psiquiátricas consolidadas. Igualmente poden aparecer vinculadas a dificultades da aprendizaxe, en áreas concretas ou da aprendizaxe en xeral e a relacións e interaccións conflitivas entre os/as menores e os seus diversos contornos (familiar, escolar , institucional). A diferenciación da complexidade e a diversidade dos diversos motivos, causais ou asociados a estes trastornos, e a identificación dos factores de risco e de protección que poden influir, será determinante para decidir as intervencións preventivas ou terapéuticas máis axeitadas.
Nesta acción formativa tratarase de recoñecer as distintas tipoloxías de trastornos de conduta e, ao mesmo tempo, achegar os modelos de intervención mais actuais e que se mostren mais eficientes na intervención con nenos e nenas con este tipo de dificultades.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Consellería de Política Social e Igualdade: Política social
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO
Horas: 20
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 12/07/2016 - 08:00h
Data Fin matricula: 26/07/2016 - 14:00h
Responsable: de la Sierra Vázquez, Carmen Marcelina - carmen.de.la.sierra.vazquezarrobaxunta.es
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
19/12/2016
Fin
21/12/2016
Data exame
N/D
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212