1.-Información básica
Escola Galega de Administración Pública Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela, A Coruña – España
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h Horario da biblioteca: de luns a xoves de 9 a 19 h. Venres de 9 a 15 h. Horario de apertura das instalacións: de luns a venres de 7.30 h a 20.30 h. Horario da cafetería: de luns a venres de 7.45 h a 20 h
3- Funcións e competencias
-
Ofrecer unha formación actualizada e de calidade aos empregados públicos das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, que incorpore as modalidades máis innovadoras e que promova a conciliación laboral e familiar dos seus destinatarios.
-
Servir de elemento dinamizador das melloras administrativas e tecnolóxicas que se incorporen na xestión das administracións públicas.
-
Investigar, documentar, estudar e realizar traballos de divulgación no campo da Administración pública, dándolle a máxima difusión.
-
Promover os intercambios de coñecementos e experiencias con outros organismos semellantes das administracións públicas, a nivel nacional e internacional.
-
Ser un foro de debate permanente cunha visión plural das temáticas de impacto social ou de importancia no funcionamento e mellora das administracións públicas.
-
Capacitar lingüisticamente no idioma galego aos empregados das administracións públicas.
-
Plan de formación anual. A Escola publica anualmente un documento marco no que se reflicten as actividades de formación continua para todos os colectivos, coa pretensión de dotar de unidade e coherencia ao conxunto da oferta da Escola.
-
Aposta polas modalidades non presenciais. A EGAP leva varios anos incrementando progresivamente a porcentaxe de actividades en teleformación, un tipo de ensinanza que permite reducir custos e fai posible a conciliación da vida familiar e laboral. Ademais, introduciu a modalidade de autoformación e a videoconferencia.
-
Formación práctica. Todos os cursos da EGAP inclúen unha porcentaxe mínima do 25% de horas prácticas, o que garante a transferencia efectiva dos coñecementos ao posto de traballo.
-
Formación en lingua galega. A Escola convoca cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega para os empregados públicos, tanto na modalidade presencial coma na de teleformación.
-
Formación en linguas estranxeiras. A EGAP aposta pola ensinanza de linguas estranxeiras coa impartición de cursos de portugués, inglés, francés e alemán.
-
Formación en tecnoloxías da información e da comunicación. Desde 2011 impártense as materias do Plan Formativo Ofimática de Galicia, o cal permite aos empregados públicos galegos o dominio de ferramentas ofimáticas; ademais doutros cursos relacionados con este eido.
-
Potenciación da formación para mandos intermedios. A Escola ofrece cursos de perfeccionamento de xefes de sección e negociado. Así mesmo, impártese formación para conseguir o Diploma de directivo ou directiva da Xunta de Galicia.
-
Centro de información e debate. A EGAP consolidouse como foro de debate de cuestións de actualidade relacionadas coa Administración pública a través da celebración de xornadas e cursos monográficos.
-
Edición de publicacións periódicas. A Escola edita dúas revistas de carácter científico: a REGAP, de carácter xurídico-administrativo, e Administración&Cidadanía, en materia de socioloxía e ciencias políticas. O acceso é libre e gratuíto a través da páxina web da Escola. Así mesmo, edítanse obras monográficas sobre distintas materias relacionadas coa Administración pública.
-
Calidade. A EGAP garante a calidade da formación tanto a priori, testando os propios destinatarios da formación en relación coas súas necesidades formativas, como a posteriori, mediante o seguimento da demanda real rexistrada e os resultados das enquisas de avaliación.
Perfil do contratante Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, a EGAP difunde a través da rede o seu perfil de contratante. Máis información
aquí.
6- Convenios de colaboración
A Escola asina anualmente convenios de colaboración que poden ser consultados
aquí e aos que lles dá difusión a través do DOG (ver
ligazón).
A EGAP convoca anualmente bolsas de formación que abarcan diferentes eidos relacionados coa formación e coa Administración Pública. Máis información
aquí. A EGAP convoca anualmente subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia. Máis información
aquí.
8- Información sobre altos cargos
Perfil biográfico, traxectoria profesional e retribucións
Estado de ingresos e gastos. Máis información
aquí
Período medio de pagamento a provedores. Máis información
aquí
Conta xeral. Máis información
aquí
11- Códigos éticos e de bo goberno
Código ético institucional da Xunta de Galicia. Máis información
aquí