A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca o Curso de contratación pública de traballos de arquitectura.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca tres edicións do curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.