O 3 de decembro de 2008 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de novembro de 2008 pola que se establecen o procedemento e os requisitos de homologación de accións formativas por parte da Escola Galega de Administración Pública
(EGAP)).
Entre as atribucións da EGAP figura a do establecemento de convenios, a realización a nivel nacional e internacional de intercambios con organismos semellantes das administración públicas e a formalización de acordos de colaboración con particulares. A
EGAP poderá concertar con centros universitarios de Galicia e con outros centros ou entidades de titularidade pública e privada a realización de actividades formativas.
O recoñecemento de accións formativas por parte da
EGAP é un mecanismo que permite estender aos empregados públicos das distintas administracións públicas as accións que realizan entidades distintas da
EGAP.