A autoformación é unha modalidade formativa en liña sen titorización na que o alumnado pode certificar os seus coñecementos nunha materia a través dun exame. Para facilitar a adquisición de coñecementos o alumnado ten acceso a unha aula virtual cos contidos da materia e cuestionarios de autoavaliación. Non existe un calendario para completar as actividades nin o apoio de docentes. Ademais, para presentarse ao exame non é requisito ter accedido aos contidos nin ter realizado as actividades de autoavaliación.
Ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Cunha inscrición a través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula/). Unha vez formalizada a admisión ao curso será automática.
Desde o 13 de xuño de 2025 ata o 30 de decembro de 2025.
Non hai un número máximo de solicitudes.
Ata o 30 de decembro de 2025.
Unha vez te matricules na Zona de matrícula, poderás entrar a través da Aula Virtual da EGAP (http://egap.xunta.gal/aulavirtual)
Non. Os contidos están deseñados para ser completados sen titorización.
Non. Para obter un diploma será preciso matricularse nunha proba de avaliación e superala.
A través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula/).
Desde as 9 h do 3 de xuño de 2025 ata as 14 h do 12 de xuño de 2025.
Un máximo de catro.
Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto nos criterios de participación nas actividades de formación da EGAP.
Non, son independentes.
As persoas seleccionadas ou en reserva serán avisadas a través dun correo electrónico e dunha mensaxe ao móbil (é preciso facilitar o número na zona de matrícula). Ademais, as listaxes de persoas admitidas publícanse na páxina web da EGAP.
Realizaranse en liña, a través da aula virtual da EGAP.
Será un exame tipo test cun número de preguntas variable dependendo das horas da actividade. Na proba do alumnado disporá dunha soa tentativa e para superala deberá contestar correctamente como mínimo ao 50 por cento das preguntas. As respostas incorrectas non descontan.