Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO

Liñas Estratéxicas

  • Imaxe obxectivos 1   Imaxe obxectivos 2   Imaxe obxectivos 3  

    Presentamos as liñas que guían a acción da EGAP e que constitúen os eixos que orientan o noso traballo:
    • Ofrecer unha formación práctica que responda ás necesidades reais do alumnado, procurando que os coñecementos e habilidades que adquiren coa realización das actividades formativas teñan a máxima aplicabilidade aos seus postos de traballo; de xeito que a formación incida na mellora profesional e, por ende, na xestión e na prestación dos servizos públicos. No deseño dos plans formativos, temos en conta as necesidades reais dos destinatarios da formación, a Administración e os empregados públicos, garantindo a oferta naquelas actividades cunha maior demanda.
    • Apoiar a modernización e a innovación tecnolóxica e garantir a cualificación dos empregados públicos en materia de Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC), mediante o desenvolvemento dun sistema de Certificación de Competencias TIC, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que contempla tanto a realización das correspondentes accións formativas como a súa substitución pola superación de probas específicas de libre acceso.
    • Fomentar decididamente a utilización de medios electrónicos na prestación dos servizos, mediante o incremento da oferta formativa na modalidade de teleformación. Esta modalidade presenta múltiples vantaxes, como a eliminación de barrreiras espaciais e temporais, co conseguinte acceso á formación por parte daquelas persoas con dificultades para cursar formación presencial e o apoio á conciliación da vida familiar e laboral. O incremento da formación nesta modalidade posibilita ademais ofrecer formación a un maior número de persoas destinatarias. Apostamos, así pois, polas novas formas de ensino e aprendizaxe, aproveitando todo o potencial que presentan as novas tecnoloxías.
    • Descentralizar a actividade da Escola no territorio galego, garantindo a proximidade e favorecendo que os empregados públicos poidan acceder á formación nas distintas localidades, como outra medida que posibilita o acceso á formación por parte das persoas con máis dificultades e coadxuva á conciliación entre a vida persoal e profesional.
    • Crear unha rede de formación e de intercambio de experiencias con organizacións galegas, españolas, europeas e do ámbito internacional, con especial énfase na rexión de Iberoamérica e países emerxentes; mediante a colaboración con entidades de carácter científico, social, cultural etc. , que permita a creación de sinerxías e achegue valor aos respectivos proxectos e iniciativas.
    • Redimensionar a nosa acción formativa e divulgativa, mediante a consolidación do proxecto EGAP 2.0. Esta iniciativa, que representa un salto cualitativo na acción da Escola, nace da vontade de poñer o coñecemento ao servizo da cidadanía no seu conxunto e favorecer a interacción, o intercambio de información e a colaboración, de xeito que as persoas usuarias dos servizos da Escola sexan axentes activos na xeración de coñecemento. Queremos que a EGAP sexa un lugar aberto aos nosos usuarios/as e a todos os potenciais destinatarios dos nosos servizos: Administración, empregados públicos e cidadanía.
    • Apostar pola calidade, na xestión e na prestación dos nosos servizos, como eixo transversal á actuación da Escola, orientando á organización cara a mellora continua e a excelencia. Para este fin, contamos coa Unidade de Investigación, Avaliación e Calidade, que leva a cabo a avaliación e a xestión de calidade de toda a acción administrativa, formativa e divulgativa da Escola.
    • Comprometernos co usuario/a dos nosos servizos e garantir a transparencia. Entendemos que isto require unha avaliación da satisfacción do alumnado e do profesorado con toda a acción formativa desenvolta dende a Escola, pois só así podemos coñecer a súa opinión e dispoñer de datos reais sobre a valoración dos servizos que prestamos, o cal nos permite tomar decisións a partir dunha base real de coñecemento. Ao mesmo tempo, asumimos uns compromisos de calidade na prestación dos servizos, que damos a coñecer a todos os usuarios/as dos servizos da EGAP.
    • Promover o uso do galego dentro da Administración pública a través do deseño de programas de fixación e divulgación da lingua, co obxectivo de que os empregados públicos poidan mellorar o coñecemento do idioma e promocionar o seu uso.
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212