Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO

Presentación


    A Escola Galega de Administración Pública é un organismo autónomo adscrito á Consellería Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, que ten como finalidade principal formar e especializar ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A EGAP é un centro oficial de docencia, de investigación e de divulgación de todas aquelas materias que sexan de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia, doutras Administracións galegas e da sociedade en xeral, constituíndose como un instrumento de primeira orde para unha profesionalización da Función pública, acorde coas esixencias dunha sociedade democrática e do Estado de Dereito, no que a Administración debe actuar con suxeición á Lei e ao Dereito (art. 103 da Constitución Española). A EGAP naceu ante a necesidade de consolidar e modernizar a Administración xurdida da configuración de Galicia como Comunidade Autónoma e, dende entón, traballa para lle proporcionar á sociedade galega os mellores servizos. A Escola Galega de Administración Pública é...
    • Un centro de formación e especialización dos empregados públicos de Galicia, no que a acción formativa se orienta á actualización permanente dos coñecementos dos empregados públicos, co obxectivo de acadar unha maior profesionalización do persoal ao servizo das Administracións públicas, garantindo que a formación continua do persoal redunde na mellora da prestación dos servizos. Deste xeito, “formar para servir” convértese na máxima que guía o traballo da EGAP, dende a vontade de prestar o mellor servizo á cidadanía, a partir da cualificación dos empregados públicos.
    • Un foro de debate para analizar as distintas problemáticas que se suscitan na sociedade, a fin de que dese debate poidan xurdir posibles políticas públicas; isto é, un punto de encontro para a reflexión, o intercambio de ideas e, en definitiva, a xeración de coñecemento orientado á mellora das Administracións públicas.
    • Un centro de información para mellorar a relación entre a cidadanía e a Administración pública, que promove a máxima difusión dos coñecementos á sociedade no seu conxunto e que pon todo o seu acervo e a súa bagaxe de coñecementos ao servizo da mellora da Administración pública e da satisfacción das necesidades e expectativas sociais.
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212