A teleformación é unha modalidade de aprendizaxe a distancia que se realiza integramente a través da rede. A formación “en liña” está dispoñible desde calquera ordenador con conexión a internet e a calquera hora do día, polo que se lle facilita o acceso a aqueles alumnos e alumnas con dificultades para asistir ás clases presenciais.
A través dos cursos en liña permítese unha maior interacción entre os usuarios e a creación de contidos de xeito colaborativo. Durante o curso o alumnado contará co apoio dun ou
varios titores que resolverán todas as dúbidas referidas ao contido da materia e formularán diversas probas e exames. Ademais, a figura do
xestor encargarase dos problemas que poidan xurdir co uso da plataforma.
Para acceder á plataforma de teleformación faga clic
aquí.
Está o seu ordenador preparado?Para analizar o seu PC e comprobar se está preparado para acceder á nosa plataforma de teleformación faga clic
aquí.