A Escola Galega de Administración Pública é un centro de formación distribuído en dous andares: Na planta baixa atópanse o Rexistro, a Unidade de Informática, o servizo de Estudos e Publicacións, o salón de actos, a sala de exposicións, catro aulas de docencia, dúas aulas de informática e a cafetería do centro cun comedor anexo. No primeiro andar sitúanse a biblioteca, a Dirección, a Secretaría Xeral, o servizo Económico-Administrativo, o servizo de Xestión e Selección das Actividades de Formación, o servizo de Programación das Actividades de Formación, a Unidade de Investigación, seis aulas e dous seminarios.
Protocolo de uso das instalacións da EGAP