* Os prezos que se reflicten na taboa anterior sufrirán un incremento do 50% en sábados, domingos ou festivos. En calquera caso, o aboamento destes prezos terá que facerse efectivo cunha antelación mínima de 48 horas á utilización do espazo cedido.
MODOS DE PAGAMENTO DOS PREZOS PRIVADOS DA EGAPNa Orde do 3 de maio de 2010 establécense os prezos que se aplicarán pola cesión temporal das instalacións da escola para actividades académicas ou culturais non contrapostas aos fins desta institución, así como os prezos que se aplicarán pola prestación de actividades formativas por parte da escola.
1) Pagamento de xeito telemático:Para acceder a esta forma de pagamento hai que entrar, dentro da páxina web da Consellería de Facenda, na Oficina Virtual Tributaria en Servizos de Acceso Libre, no menú da esquerda escollemos “Taxas, prezos, multas e sancións” e prememos na ligazón “Pago telemático de taxas e prezos”. A través desta aplicación pode pagar os prezos vía telemática, ben con pago con tarxeta ou ben mediante pagamento presencial con NRC. Se ademais tamén dispón de certificado dixital, entrando na oficina virtual a través desa opción, poderán pagar con cargo en conta.
2) Utilizando o modelo AI:Accesible na páxina web da Consellería de Facenda. Para a confección on-line deste impreso deberán entrar na páxina da Consellería de Facenda, dentro do apartado “Tributos” premer a ligazón “Taxas e prezos” no menú da marxe esquerda e a continuación “Confección on-line de impresos”, dentro deste apartado prememos na ligazón “Modelo AI. Autoliquidación de taxas”. Aí poderá cubrir o modelo e despois descargalo ou ben descargalo en branco e cubrilo a man.Este impreso é totalmente válido para pagar en calquera entidade colaboradora.